CCOO del Hábitat | 19 agosto 2025.

Convocatoria de Rolda de Prensa

    Dende CCOO Hábitat Galicia convocamos aos medios de comunicación á rolda de prensa que terá lugar tras a asemblea de afiliadas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), na que se fará balance das actuacións sindicais realizadas nos últimos 10 días tras o asasinato da nosa compañeira Teresa, auxiliar do SAF no Porriño.

    06/08/2025.
    Convocatoria de Rolda de Prensa

    Convocatoria de Rolda de Prensa

    Durante a comparecencia abordaranse:

    • Os trámites e xestións realizadas por CCOO nestes días a nivel sindical, institucional e legal.
    • A presentación do Protocolo de actuación fronte a agresións no SAF, unha ferramenta urxente e necesaria para mellorar a protección das traballadoras.
    • O adianto dos seguintes pasos e medidas que se activarán desde CCOO Hábitat Galicia para garantir a seguridade, recoñecemento e defensa das profesionais do SAF.
    • Unha primeira introdución pública da análise crítica que CCOO fará da situación actual do sector, evidenciando que non chega coa elaboración dun protocolo para reconducir a decadencia do SAF en Galicia.

    O protocolo que se presentará recolle medidas concretas como:

    • Avaliación previa do domicilio, do usuario e do contorno familiar antes do inicio do servizo. 
    • Participación activa das delegadas de prevención con acceso, coa debida autorización, aos espazos de traballo. 
    • Reforzo da formación específica en prevención de riscos e xestión de situacións de conflito para as auxiliares. 
    • Establecemento de canles rápidas de comunicación e denuncia en caso de agresións ou ameazas. 
    • Proposta de recoñecemento dun plus de perigosidade e a aplicación de coeficientes redutores da idade de xubilación, dada a carga física e emocional deste traballo. 
    • Equipos de valoración suficientes e cos cambios normativos, que permitan avaliar dependente e entorno cércano, con conexión directa cos servizos de saúde. 
    • Traballadores/as sociais dos concellos con funcións claras e centradas no seguimento, pois as dependencias cambian día a día e as súas necesidades tamén. 
    • Equipos de coordinación nas empresas dimensionados e formados especificamente para o SAF. 
    • Plantillas de auxiliares que acudan a lugares de traballo previamente avaliados (domicilio, usuario e contorna familiar), que conten coa formación e medidas preventivas necesarias, e con condicións e salarios dignos.

    Por estas razóns, as traballadoras deben cobrar un plus de perigosidade, polo que tamén deben ser concedidos os coeficientes redutores da idade da xubilación.

    Na rolda de prensa participarán:

    • Alejandra Gesto, Secretaría Xeral de CCOO Hábitat Galicia 
    • Outros membros da Executiva Nacional de CCOO Hábitat 
    • Representantes dos Comités de Empresa do SAF en Galicia

    CCOO Hábitat Galicia fai un chamamento á presenza dos medios para dar visibilidade a esta realidade e sumar forzas na defensa dun traballo esencial, feminizado e profundamente invisibilizado.