CCOO del Hábitat | 19 agosto 2025.

Hoxe choramos a Teresa. Mañá loitaremos por todas

    Hoxe é día de loito para o SAF . Choramos a perda da nosa compañeira Teresa de O Porriño, traballadora incansable do Servizo de Axuda no Fogar, vítima dun sistema que leva anos ignorando as voces das profesionais que sosteñen este servizo co seu esforzo diario, co seu corpo, coas súas vidas.

    01/08/2025.
    Hoxe choramos a Teresa.

    Hoxe choramos a Teresa.

    Desde CCOO do Hábitat levamos anos denunciando a situación insostible do SAF. Levamos anos reclamando un servizo seguro e digno. Levamos anos alertando das consecuencias de mirar cara outro lado mentres as traballadoras seguen a sufrir sobrecargas, presións, precariedade e desprotección.

    Teresa non é unha excepción. É o reflexo dun sistema que falla. Dun sistema que nos falla. E por iso hoxe non só choramos: hoxe estamos cheas de rabia. Porque cada perda é un golpe, pero tamén un berro. E o noso berro vai ser máis forte ca nunca.Por Teresa, por todas as que estiveron, están e estarán no SAF. Porque coidamos, pero tamén esiximos que se nos coide.

    Non imos parar.

    Hoxe é día de loito. Mañá será día de loita.

    CCOO do Hábitat