CCOO del Hábitat | 13 junio 2025.

Alejandra Gesto Montes, reelixida por unanimidade como secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia

    O IV Congreso do sindicato, celebrado en Santiago de Compostela, reforza o seu compromiso coa defensa dos dereitos laborais

    25/02/2025.
    Alejandra Gesto Montes, reelixida por unanimidade como secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia

    Alejandra Gesto Montes, reelixida por unanimidade como secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia

    Este luns, 24 de febreiro, celebrouse o 4º Congreso de CCOO do Hábitat de Galicia en Santiago de Compostela, coa participación de 65 delegados e delegadas. O evento serviu como espazo para debater os documentos presentados e elixir á nova dirección do sindicato.

    O congreso comezou coa presentación do Regulamento por parte do secretario de Organización saínte, Luis Rodas García, seguida da elección dos membros da Mesa Congresual. José Luis Sierra foi designado presidente da mesa, Violeta Paz secretaria, Alejandra Gesto Montes como membro da Executiva saínte, e para rematar tamén formou parte integrante da mesa o secretario xeral estatal de CCOO Hábitat, Daniel Barragán.

    A continuación, realizáronse os saúdos inaugurais por parte dos convidados ao congreso no seguinte orde:

    • Joaquín García Gutiérrez, secretario Comarcal de Santiago-Barbanza.
    • Amelia Pérez Álvarez, secretaria do Sindicato Nacional de CCOO Galicia.
    • Diego Vázquez Reino, presidente da Federación Local de CCOO Galicia.
    • Antía Sández Callejo, presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais.
    • Demetrio Ángel Fernández López, director territorial de Galicia da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

    Por parte da Federación Estatal de CCOO Hábitat, asistiron ao congreso Dani Barragán (secretario xeral), Pablo Urmeneta (secretario de Organización) e Aida Suárez (secretaria de Saúde Laboral e Comunicación).

    O congreso culminou coa reelixión por unanimidade de Alejandra Gesto Montes como secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia, xunto coa nova Comisión Executiva, que tamén foi elixida por unanimidade. Este resultado reforza o compromiso do sindicato coa defensa dos dereitos laborais e a xustiza social no ámbito do Hábitat en Galicia.