CCOO del Hábitat | 21 diciembre 2024.

CCOO Hábitat firma o calendario da construción para o año 2025

    CCOO Hábitat asinou o 2 de decembro, o calendario laboral para o sector da construción na provincia de Pontevedra para o ano 2025. A firma realizouuse en Vigo, coa presenza de representantes do sindicato e das patronais do sector, que traballaron conxuntamente para establecer un calendario que garanta unha correcta organización laboral e unhas condicións máis equitativas para os traballadores.

    05/12/2024.
    CCOO Hábitat FIRMA O CALENDARIO LABORAL DA CONSTRUCIÓN PARA O ANO 2025

    CCOO Hábitat FIRMA O CALENDARIO LABORAL DA CONSTRUCIÓN PARA O ANO 2025

    Este calendario asinouse dentro do marco normativo do Convenio Estatal da Construcción, que xoga un papel fundamental ao ofrecer unhas bases estables e uniformes para todo o sector a nivel estatal. Un dos grandes beneficios de contar con este marco normativo é que impide que ningún convenio de ámbito inferior poida establecer unha xornada superior ás 1.736 horas anuais, garantindo así un límite máximo de xornada que protexe os dereitos dos traballadores e traballadoras en todo o territorio nacional.

    O Convenio Estatal da Construcción asegura que todos os traballadores, sen importar onde traballen en España, teñan as mesmas condicións e as mesmas garantías, evitando a competencia desleal e garantindo que a xornada máxima anual se mantén en 1.736 horas. Este marco normativo é un símbolo do compromiso co benestar e os dereitos laborais do colectivo, evitando que se poidan adoptar medidas que perxudiquen as condicións de traballo e a calidade de vida dos traballadores.

    O acordo asinando contempla os días festivos, as xornadas laborais e os períodos de descanso para os traballadores da construción. Ademais, sinaláronse como festivos de convenio os seguintes días, que servirán para compensar o exceso de xornada e asegurar o benestar dos traballadores:

    • 3 e 4 de marzo14, 15 e 16 de abril
    • 2 de maio
    • 24 de xullo
    • 14 de agosto
    • 31 de outubro
    • 24, 26 e 31 de decembro

    Traslados de festivos de convenio en determinadas localidades

    Ademais, nos concellos onde a festividade local ou festivo de convenio coincida cun día non laborable, o festivo trasladarase ao día inmediatamente seguinte. Isto afectará as seguintes localidades, que contarán cun día de convenio adicional:

    5 de marzo: Gondomar, Illa de Arousa, Pazos de Borbén, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui, Vigo e Vilaboa.

    5 de maio: Agolada e Covelo.

    21 de xullo: Moraña.

    28 de xullo: Valga.

    18 de agosto: Caldas de Reis, Mondariz e Vilagarcía de Arousa.

    25 de agosto: Nigrán.

    6 de outubro: Barro.

    15 de decembro: Meaño e Moraña.

    Un paso cara á mellora das condicións laborais grazas ao marco estatal

    O calendario asinando é froito dun acordo acadado tras intensas negociacións entre CCOO Hábitat e as patronais do sector da construción, co obxectivo de responder ás demandas dos traballadores e as necesidades do sector. A adhesión ao Convenio Estatal da Construcción neste proceso é fundamental para garantir a cohesión e a igualdade en todo o sector. Ao contar cun marco normativo común a nivel estatal, os traballadores e traballadoras non só desfrutan de mellores condicións laborais, senón tamén dunha maior seguridade xurídica e dunha xornada laboral límite que protexe os seus dereitos, impedindo que en ningún caso se superen as 1.736 horas anuais.