CCOO del Hábitat | 23 enero 2025.

Asinado o calendario laboral provincial da Construción de A Coruña para o ano 2025

    CCOO do Hábitat de Galicia asina o calendario para o novo ano entrante, determinando os festivos do sector na provincia de A Coruña

    15/10/2024.
    Asinado o calendario laboral provincial da Construción da Coruña para o ano 2025

    Asinado o calendario laboral provincial da Construción da Coruña para o ano 2025

    Este 10 de outubro de 2024 nos locais de APECCO produciuse unha reunión coa patronal para determinar o calendario do Convenio Colectivo Provincial de Construción e Obras Públicas de A Coruña para o ano 2025.

    Tras un intercambio de posturas chegouse a un acordo, aprobándose o calendario por unanimidade cun total de 1.736 horas, e que entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2025.

    Os festivos pactados para o ano 2025 e que figuran no calendario adxunto son:

    2 e 3 de xaneiro

    3 e 4 de marzo

    14, 15 e 16 de abril

    2 de maio

    31 de outubro

    24, 26 e 31 de decembro

    Os festivos locais determinaranse no calendario de Festas publicado no B.O.P. de A Coruña.

    Os días sinalados como como festivos de convenio teñen tratamento de festivo no ano 2025, para dar cumprimento ao art2. 67 do Convenio Xeral Sector da Construción, non perdendo por tanto o seu carácter laboral para futuros convenios.

    Este Calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral de acordo con o art. 67.4 do Convenio Xeral do Sector da Construción.

    Cando un Festivo Local coincida con algún Festivo Convenio, ou sábado, este pasará ao anterior día laboral.

    Así mesmo, os festivos de convenio que figuran no Calendario, se coinciden no período vacacional non contarán como vacacións.

    CCOO do Hábitat de Galicia valora positivamente o alcanzar este tipo de acordos, adecuando a xornada establecida e mantendo a interlocución coas patronais do sector.