CCOO del Hábitat | 21 diciembre 2024.

Asinado o convenio de RSU e Limpeza Viaria de Sanxenxo

    CCOO do Hábitat de Galicia asinou este convenio que terá unha vixencia ata 2027 e inclúe avances nos dereitos do persoal adscrito

    03/07/2024.
    Asinado o convenio de RSU e Limpeza Viaria de Sanxenxo

    Asinado o convenio de RSU e Limpeza Viaria de Sanxenxo

    O novo convenio de recollida de Residuos Sólidos Urbanos e Limpeza Viaria de Sanxenxo-Ascam, foi froito do traballo intenso da representación legal dos traballadores e as traballadoras, que nesta empresa é unicamente de CCOO do Hábitat de Galicia.

    Inclúe un aumento dos salarios do 20% ata o 2027, e a cobranza dos atrasos xerados, así como a percepción durante as vacacións de 30 días de salario basee máis os pluses de Antigüedad, Convenio e 26 días dos pluses de Penosidad e Nocturnidade.

    Tamén existen avances en canto á Incapacidade Temporal, a xornada laboral ou as licenzas retribuídas.

    Pódense consultar todas estas melloras AQUÍ.