CCOO del Hábitat | 16 julio 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia non asinará o convenio da construción de Pontevedra ao apreciar «inseguridade xurídica»

    Para CCOO, un documento que regula as condicións de máis de 17. 000 traballadoras e traballadores «ten que blindar as condicións laborais e ofrecer certezas»

    01/07/2024.
    CCOO do Hábitat de Galicia non asinará o convenio da construción de Pontevedra ao apreciar «inseguridade xurídica»

    CCOO do Hábitat de Galicia non asinará o convenio da construción de Pontevedra ao apreciar «inseguridade xurídica»

    Despois de realizar as «oportunas consultas cos nosos servizos xurídicos», CCOO do Hábitat de Galicia sinala que a proposta á que chegaron a CIG e a parte empresarial —e ratificado tamén pola UGT— «invade e prevé incumprir materias reservadas ao convenio estatal».

    Ademais, «non respecta» a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que xa se declarou a nulidade do convenio anterior, tamén asinado pola CIG e a parte empresarial, e que «vulneraba dereitos xa consolidados para o persoal do sector».

    «Se patronal, CIG e UGT están conformes, que o asinen, pero que non conten con CCOO para incumprir o convenio estatal e, con iso, arriscarse a deixar ás traballadoras e os traballadores sen a subida salarial a que teñen dereito», advirte Alejandra Gesto, secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia.

    Neste punto, a sindicalista subliña que as táboas salariais do 2022 e 2023 obtuvieron incrementos e houbo pago de atrasos grazas á intervención da comisión paritaria do convenio estatal.