CCOO del Hábitat | 16 julio 2024.

Asinadas as táboas salariais do convenio de Limpeza da Coruña, que recollen o 9,8% de subida esixida polo sindicato

    CCOO do Hábitat de Galicia informa de que o incremento salarial xunto co pago dos atrasos correspondentes deberá ser abonado como moi tarde o próximo 31 de xullo

    28/05/2024.
    Asinadas as táboas salariais do convenio de Limpeza da Coruña, que recollen o 9,8% de subida esixida polo sindicato

    Asinadas as táboas salariais do convenio de Limpeza da Coruña, que recollen o 9,8% de subida esixida polo sindicato

    CCOO do Hábitat de Galicia asinaba este martes na Coruña as táboas salariais do convenio provincial de Limpeza de Edificios e Locais.

    Delegadas e delegados de CCOO congregáronse na praza coruñesa de Luís Seoane para celebrar que, finalmente, o resto de sindicatos e a propia patronal asumisen as teses defendidas por esta organización.

    CCOO do Hábitat de Galicia defendeu en todo momento que, conforme recollía o convenio, os salarios debían revalorizarse para afrontar a subida do IPC e que era a comisión paritaria, composta polos sindicatos e pártea empresaria, a encargada de aprobar as novas táboas salariais.

    Pola contra, os sindicatos UGT e CIG estaban dispostos a facer rebaixas en varias anualidades sobre a subida que lles correspondía ás traballadoras e os traballadores do sector, unha postura «inaceptable» para CCOO.

    A presión dos propios delegados e delegadas destes sindicatos, que chegaron a contactar con Comisións, levounos á interposición dun conflito colectivo para tentar xustificar a súa postura.

    Finalmente, e tras presentar desde Comisións un informe xurídico avalando a potestade da comisión paritaria, chegouse a un acordo para a firma das novas táboas, que recollen a revalorización do 9,8 % reivindicada por CCOO do Hábitat de Galicia.

    Para este sindicato tamén foi «determinante» no cambio de parecer das empresas, a campaña informativa iniciada hai varias semanas, con cartas dirixidas aos seus principais clientes nas que se advertía da súa responsabilidade se non se producían os incrementos acordados no convenio.