CCOO del Hábitat | 25 enero 2025.

Reunión de delegadas e delegados de CCOO do Hábitat de Limpeza de Hospitais de Galicia

    A reunión abordou os retos do sector pola aplicación da redución de xornada en 112 horas anuais

    07/05/2024.
    Reunión de delegadas e delegados de CCOO do Hábitat de Limpeza de Hospitais de Galicia

    Reunión de delegadas e delegados de CCOO do Hábitat de Limpeza de Hospitais de Galicia

    CCOO do Hábitat de Galicia reuniu en asemblea ás delegadas e delegados, membros de comités da Limpeza dos Hospitais Galegos.

    O obxectivo da reunión foi afrontar as consecuencias da aplicación da progresiva redución de xornada entre os anos 2023-2025 en 112 horas anuais.

    As horas anuais de traballo son 1.624 horas, é dicir, 232 xornadas de traballo.

    O SERGAS quere realizar unha redución de 112 horas, chegando a unha xornada de 35 horas semanais en 2025.

    Para chegar a ese cálculo farase progresivamente do modo seguinte:

    2023-  Redución de 21 horas (3 días). Total 229 xornadas de traballo (1.603 horas/ano).

    2024- Redución de 49 horas (7 días). Total 222 xornadas de traballo (1.554 horas/ano).

    2025- Redución de 42 horas (6 días). Total 216 xornadas de traballo (1.512 horas/ano).

    Na reunión, Alejandra Gesto, secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia, quixo poñer o acento na contratación e os posibles riscos laborais que poden sufrir os persoais no caso de que as diferentes contratas de Limpeza Hospitalaria non adecuen as frecuencias de traballo coa nova xornada laboral, acompañadas dun dimensionamiento equilibrado e adecuado do persoal.