CCOO del Hábitat | 6 mayo 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia presenta a campaña “Que ninguén limpe o teu salario”

    O obxectivo é presentar demandas contra as empresas de Limpeza reclamando o abono dos salarios devindicados ante o incumprimento co asinado entro da negociación colectiva en cada unha das provincias

    25/04/2024.
    CCOO do Hábitat de Galicia presenta a campaña “Que ninguén limpe o teu salario”

    CCOO do Hábitat de Galicia presenta a campaña “Que ninguén limpe o teu salario”

    Esta mañá CCOO do Hábitat de Galicia debullaba a estratexia emprendida por ASPEL na negociación colectiva nas catro provincias galegas.

    En Lugo as patronais de Limpeza asinaron un Convenio Colectivo coa CIG (Sindicato maioritario que ostenta a maioría absoluta no sector), asinando táboas salariais por baixo do SMI e sen cláusula de revisión salarial.

    Ante esta aberración, a federación estudará pormenorizadamente o convenio unha vez publicado e non descarta impugnalo para elevar o salario anual das limpadoras de Lugo dos 15.014,29€ acordado aos 15.876€ fixado dentro do dialogo social por CCOO e UXT co goberno do Estado.

    Na provincia de Ourense a Patronal ofrece uns salarios para as limpadoras 800€ por baixo do SMI, tampouco acceden a asinar cláusula de revisión salarial. A negociación está moi lonxe de chegar a un acordo, xa que a patronal non acepta ningunha das propostas da parte social.

    Na provincia de Pontevedra pechouse a mesa de negociación sen poder chegar a un acordo, posto que a patronal solicitaba, entre outras cousas, abrir a xornada a 12 horas de traballo diario, o que significaría décadas de retroceso de loita obreira para as Limpadoras da provincia.

    Tampouco queren aplicar cláusula de revisión salarial. A pesar de todo iso, CCOO reclamará a aplicación da cláusula de revisión salarial automática fixada para estes casos nos que a patronal se negue a negociar un novo acordo, dando dereito a unha subida do 3,1% para o 2024, que supón un incremento salarial superior ao ofertado pola propia patronal durante o proceso negociador.

    Na provincia de A Coruña, a patronal négase a cumprir coa revisión salarial pactada no preacordo alcanzado entre as partes para a firma do Convenio 2020-2023 que garante non perder poder adquisitivo #ante a paupérrima subida salarial aplicada no sector durante este últimos catro anos, faltando á súa palabra e ao acordo asinado na paritaria de xaneiro do 2024, onde recoñecían que tiñan que cumprir o acordado e que supón a inaplicación da subida salarial sen seguir os pasos requiridos no artigo 82.3 do ET.

    Esta negativa da patronal para cumprir co pactado supón a perda dunha subida salarial do 9,8% (uns 100 euros o mes a xornada completa).

    Teniendo en cuenta a parcialidade do sector, os grandes beneficios que alcanzaron durante a pandemia cos reforzos COVID e ampliacións de horas de traballo de limpeza nunha época na que se recoñecía e valoraba o traballo como sector esencial que somos (aplausos da sociedade desde as xanelas das súas vivendas incluídos), a Patronal pode acometer con fartura esta revisión salarial, xa que tivo tempo máis que suficiente para facer a provisión de fondos necesaria para cumprir co abono dos salarios devindicados para o 2024.

    A federación anuncia unha campaña de denuncias tanto a Inspección de Traballo polos deberes de cotización como ás administracións, xa que as empresas de limpeza incumpren de forma sistemática os pregos de condicións. Empresas como Eulen, cun gran número de contratos públicos, ou Clece que presta servizos nos albergues do Camiño de Santiago ou nos Xulgados, deben cumprir a normativa laboral, incluídos os incrementos pactados.

    A administración non pode ser cómplice e participe deste incumprimento por ter responsabilidade solidaria, xa que doutra maneira, quedará exposta a ser codemandada nas futuras reclamacións xudiciais que CCOO vai interpoñer en cada centro de traballo.

    CCOO vai enviar cartas aos clientes destas grandes empresas como INDITEX, ESTRELA GALICIA, FINSA, CALVO, CORTIZO, FRINSA, EL CORTE ÍNGUAS, IKEA... para advertirlles de que serán codemandados ao permitir o incumprimento para que adopten as medidas pertinentes ante as subcontratas de limpeza.