CCOO del Hábitat | 28 abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia non asina o convenio de Limpeza de Lugo

    Para CCOO do Hábitat de Galicia é claramente insuficiente e queda por baixo do SMI ao absorber conceptos e rebaixar salarios

    28/02/2024.
    CCOO do Hábitat de Galicia non asina o convenio de Limpeza de Lugo

    CCOO do Hábitat de Galicia non asina o convenio de Limpeza de Lugo

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia criticamos con contundencia a firma en solitario por parte da CIG do Convenio de Limpeza de Lugo.

    Desde o inicio a estratexia da CIG foi máis política que sindical, levando a un sector, que practicamente non se mobiliza, a unha folga indefinida que non só foi un fracaso senón que debilitou gravemente o sector diante da patronal, que viu como día a día os persoais acudían ao seu centro de traballo dándolle as costas á folga da CIG.

    O sindicato CIG demostra unha e outra vez ser un sindicato inútil para a defensa real dos dereitos e salarios dos persoais, sobre todo nos sectores feminizados, demostrando ser un sindicato de homes para homes.

    Unha vez máis asinan salarios precarios, levando a todo un sector á pobreza laboral, o sector da limpeza de Lugo con máis do 85% de mulleres, e un 75% de contratos a tempo parcial ten a triste honra de ser, unha vez máis, o número 1 en precariedade en España, e unha vez máis co peor convenio de España.

    A CIG, que criticou duramente a firma por parte de CCOO e UXT do SMI de 15.876 euros anuais, 1.134 euros ao mes, por ser insuficiente, (xa que segundo a central nacionalista e solicitaba deberíase chegar ao 60% do salario medio 1.215,42 euros ao mes), cando ten a maioría absoluta, abandona a súa postura o que fai público asinando por baixo do SMI 2024.

    “A firma deste convenio colectivo fai que as limpadoras de Lugo sufran un retroceso salarial en 2024 dun 5,5%.”

    CCOO asina un SMI de 15.876 euros, é dicir, un incremento dun 5% e a CIG asina unha rebaixa salarial do 5,5% no convenio, levando o salario anual dunha limpadora en Lugo en 2024 aos 15.014,29 euros.

    Táboas con incrementos pactados

    Grupo IV.- PERSOAL OBREIRO 2022 3%

    % SUBIDA

    SMI 2022 14.000€

    Especialista

    +375,88

    15.375,88

    Peón Especializado

    +518,25

    14.518,25

    Limpiador/limpadora

    +2,74€

    14.002,74

    +Conductor/limpiador

    +718,00

    15.718,00

    Grupo IV.- PERSOAL OBREIRO 2023 3,1%

    % SUBIDA

    SMI 2023 15.120€

    Especialista

    +732,53

    15.852,53

    Peón Especializado

    -151,68

    14.968,32

    Limpiador/limpadora

    -683,18

    14.436,82

    +Conductor/limpiador

    +1085,25

    16.205,25

    Grupo IV.- PERSOAL OBREIRO 2024 4,0%

    % SUBIDA

    SMI 2024 15.876€

    Especialista

    +610,63

    16.486,63

    Peón Especializado

    -308,95

    15.567,05

    Limpiador/limpadora

    -861,71

    15.014,29

    +Conductor/limpiador

    +977,46

    16.853,46

    Como se pode ver claramente, os incrementos son superiores o SMI nas categorías masculinizadas como condutor limpador, Peón especializado e Especialista onde máis do 80% son homes.

    Pola contra na categoría maioritaria do sector en Lugo e en toda Galicia, Limpadora, cun 85% quedase por baixo do SMI.

    CCOO do Hábitat de Galicia denuncia que o convenio de Limpeza de Lugo é un convenio claramente con discriminación de xénero.

    Ás portas do 8 de marzo é unha vergoña que a CIG firme e condene ás limpadoras de Lugo a salarios precarios.

    Aínda que non nos sorprende porque fixo o mesmo no convenio de salóns de peiteado de Galicia no que, despois dun ano de negociación, a CIG asinou en solitario con salarios de 1 euro por encima do SMI.