CCOO del Hábitat | 27 abril 2024.

A CIG asina en solitario coa patronal o Convenio de Limpeza de Lugo

    Coa firma conxela os salarios do 90% dos persoais mostrándose novamente un sindicato incapaz de asinar convenios por encima do marco Estatal a través dos incrementos do SMI e do diálogo social

    23/02/2024.
    A CIG asina en solitario coa patronal o Convenio de Limpeza de Lugo

    A CIG asina en solitario coa patronal o Convenio de Limpeza de Lugo

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia vémonos obrigados a denuncia que, o sindicato que celebraba eufóricamente hai uns días ser a primeira forza de Galicia, non é capaz de liderar e consolidar melloras sociais e laborais para a clase traballadora galega.

    Coa firma do Convenio de Limpeza de Lugo, vemos como a CIG é capaz de dicir “onde dixen digo, digo Diego....", porque non hai máis de 4 meses, a CIG declaraba en Rolda de prensa, e mostrando un estudo, que non estaba #de acordo con un SMI de só 1.080€ xa que, segundo esta Central Sindical, o SMI non debería ser inferior os 1.215’42€, por ser esta contía o 60% do salario medio de España.

    Paradoxalmente, cando ten a oportunidade de consumar con feitos o que di, fai totalmente o contrario, asinando un Convenio de Limpeza en Lugo que está por baixo do SMI de 2024 (1.134 €/mes x 14 pagas = 15.876€) para as persoas con categorías de Limpadoras e Peóns Especializados do sector... o que supón que aquelas persoas traballadoras que teñan 1 ou 2 trienios sexan COMIDOS para alcanzar o SMI asinado polo Goberno Estatal que tanto criticou a CIG.

    Salario 2024 dunha persoa traballadora coa Categoría de Limpador/a: 15.014´29€ (861,67€ por baixo do SMI Bruto anual).

    Salario 2024 dunha persoa traballadora coa Categoría de Peón Limpador/a: 15.567´05€ (308´95€ por baixo do SMI Bruto anual).

    Como di o refrán, agora "con estas varas temos que facer os cestos", e o próximo cesto que hai que facer é a negociación do Convenio de Limpeza da Coruña, que ten garantido un incremento do 9,8% para o ano 2024, pero con todo a CIG apoia a postura da Patronal de diferir a aplicación do devandito incremento por medo a que a Patronal non o queira abonar.

    Durante os próximos días seguiremos informando da evolución ou involución dos acontecementos, segundo en atopémonos unha CIG reivindicativa e útil para as persoas traballadoras do noso país, ou para unha Patronal á que parece render pleitesía.