CCOO del Hábitat | 28 abril 2024.

O TACGAL dálle a razón a CCOO do Hábitat de Galicia ao entender que a licitación do SAF de Outes é economicamente inviable

    Os salarios do estudo económico non aparecen debidamente desagregados indicando os custos directos e indirectos máis outros posibles gastos, ademais de non facer unha estimación real dos incrementos salariais para a vixencia do contrato

    24/01/2024.
    O TACGAL dálle a razón a CCOO ao entender que a licitación do SAF de Outes é economicamente inviable

    O TACGAL dálle a razón a CCOO ao entender que a licitación do SAF de Outes é economicamente inviable

    O Tribunal de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) dálle a razón a CCOO do Hábitat de Galicia, ante a impugnación dos Pregos para a nova Licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Serra de Outes interposta o 6 de xaneiro.

    Segundo o TACGAL o Concello de Outes deberá incluír unha estimación razoada dos futuros incrementos salariais, é dicir, a evolución salarial ao longo do prazo da execución do contrato, ademais dunha necesaria desagregación do orzamento e do valor estimado en base o cumprimento do Convenio Colectivo de Aplicación.

    O Tribunal Administrativo de Contratación de Galicia foi contundente e taxativo respecto os graves incumprimentos do Concello de Outes na elaboración dos pregos para a nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar, e así o fai constar explicitamente na resolución emitida:

    “.....non só non consta no expediente da licitación esa necesaria desagregación do orzamento e do valor estimado, senón que de feito nin sequera aprécianse os elementos imprescindibles para coñecer os cálculos efectuados e a súa orixe, nin se mostra que se axuste aos prezos de mercado nin que se tivesen especialmente en conta os custos laborais derivados dos convenios colectivos de aplicación, incumprindo xa os preceptos anteriormente sinalados.”

    “...En canto aos custos salariais, parece que o órgano de contratación limitouse a trasladar a información sobre o persoal con dereito á subrogación, sen realizar a imprescindible análise sobre as condicións e necesidades derivadas do contrato para licitar…..”

    “Como sinala CCOO, non consta que o orzamento da licitación dea cobertura aos deberes salariais derivados do convenio colectivo de aplicación, nin que os salarios estimados fosen debidamente actualizados conforme ao recolleito nese convenio, nin tampouco que se tivo en conta a duración do contrato nesa estimación, tal e como é obrigado e explicou este Tribunal en anteriores Resolucións”

    CCOO do Hábitat de Galicia mostra a súa satisfacción ante esta resolución do TACGAL dado que unha vez máis se demostra con feitos que seguimos sendo o único sindicato combativo e útil para a defensa dos dereitos e logro de melloras para as persoas traballadoras ás que nos debemos e representamos.