CCOO del Hábitat | 28 abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia impugna os Pregos do SAF de Serra de Outes

    A elaboración da oferta económica sen contemplar os custos salariais reais, nin a previsión de incrementos salariais para o futuro que establece a Lei Contratación Pública, obriga ao TACGAL a ditaminar medidas cautelares e paralizar a licitación

    17/01/2024.
    CCOO do Hábitat de Galicia impugna os Pregos do SAF de Serra de Outes

    CCOO do Hábitat de Galicia impugna os Pregos do SAF de Serra de Outes

    Unha vez máis, CCOO do Hábitat de Galicia interpón un recurso administrativo ante o TACGAL (Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia), esta vez contra o Concello de Serra de Outes, debido á elaboración dos Pregos Administrativos para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nos que non reflicte o custo salarial real quedando en máis dun 3% anual por baixo dos custos salariais segundo os cálculos elaborados polo sindicato.

    Así mesmo, tampouco fai unha previsión real nin próxima aos incrementos salariais futuros, dado que á altura do ano na que nos atopabamos no momento da licitación, xa se estimaba un IPC real a final de ano por encima do 3%.

    Con estas dúas irregularidades, provocan que a oferta económica estímese en case un 7% por baixo dos custos reais, o que conleva unha ameaza sobre o beneficio empresarial que provocará, sen dúbidas, un incumprimento sistemático do Convenio de Aplicación ás persoas traballadoras do SAF.

    A rebaixa salarial detectada na elaboración da oferta económica xustifican a solicitude e aplicación de medidas cautelares no expediente de contratación elaborado polo Concello de Serra de Outes, tal e como recolle o artigo 35.bis da lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

    Con esta medida, desde CCOO do Hábitat de Galicia, espera que o órgano competente resolva o recurso aplicando as medidas necesarias para corrixir as infraccións de procedemento ou impedir que se causen outros prexuízos aos intereses afectados.