CCOO del Hábitat | 28 abril 2024.

Mañá os persoais da Limpeza da Provincia de Pontevedra celebrarán un día de folga pola Defensa dun convenio xusto e digno

    O día de folga irá acompañado con dúas manifestacións: ás 12:00 horas na Vía Norte Cruce con Arzaiz, e ás 17:00 horas en Gran Vía cruce C. Comercial

    09/01/2024.
    Mañá os persoais da Limpeza da Provincia de Pontevedra celebrarán un día de folga pola Defensa dun convenio xusto e digno

    Mañá os persoais da Limpeza da Provincia de Pontevedra celebrarán un día de folga pola Defensa dun convenio xusto e digno

    Este mércores, celebrarase folga en Pontevedra pola defensa dun Convenio xusto e digno #ante unha Patronal de Limpeza que fai caso omiso as pretensións das plataformas sociais presentadas polas Centrais Sindicais.

    CCOO do Hábitat de Galicia denuncia que veñen tendo a mesma nómina desde xaneiro de 2022, que non se tivo incremento algún durante o 2022 nin o 2023, o que supón unha perda de case un 9% de poder adquisitivo, @teniendo en cuenta os últimos datos do IPC previsto para 2023, debido a que durante 2022 o IPC foi do 5,7% e para este ano pasado está previsto un IPC do 3,1%.

    A esta situación hai que engadir que se trata dun sector maioritariamente feminizado, cun 85% de contratos a tempo parcial, para o que se pide desde as diferentes Centrais Sindicais dignificar o traballo esencial deste colectivo, ao que si se tivo moi en conta nos momentos máis difíciles da pandemia da COVID-19, e no que hai que volver pousar a mirada nestes momentos (4 anos máis tarde) cando volvemos sufrir un pico de contagios de COVID, GRIPE e diferentes infeccións respiratorias e comprender que hai que valorar dignamente o traballo desempeñado por estas traballadoras da Limpeza en Pontevedra.

    Son máis de 10 meses de negociación do Convenio Provincial de limpeza, soportando insultos e unha total desidia por parte da Patronal que se dedicou a dilatar a negociación ata a extenuación, o que consideramos para todos os efectos unha falta de respecto total e absoluta a todas as persoas traballadoras do sector.

    Por todo isto non queda outra que endurecer a acción sindical e celebrar, no día de mañá, un día de folga en toda a provincia, acompañado das seguintes mobilizacións.

    - Manifestación ás 12:00 horas desde Vía Norte cruce con Urzaiz

    - Manifestación ás 17:00 horas desde a Gran Vía cruce con C. Comercial