CCOO del Hábitat | 14 diciembre 2024.

O TSXG declara nulo o convenio de construción de Pontevedra

    Tal e como advertiu CCOO do Hábitat de Galicia o convenio asinouse vulnerando a legalidade en vigor, deixando sen atrasos a máis de 17.000 traballadores e traballadoras

    08/11/2023.
    O TSXG declara nulo o convenio de construción de Pontevedra

    O TSXG declara nulo o convenio de construción de Pontevedra

    A Asociación de Construción de Pontevedra (ACP), xunto coa CIG, asinaron un convenio que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nulo na súa totalidade, deixando o sector da construción da provincia nunha inestabilidade que se ve reflectida no baixo crecemento do sector, sendo a provincia que menos crece en Galicia.

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, analiza na sentenza 29/2023, de forma exhaustiva, a negociación levada a cabo pola ACP e o sindicato CIG, que foi impugnada pola Confederación Nacional da Construción (CNC).

    A pesar das advertencias de CCOO e UXT do perigo de asinar un convenio non axustado a dereito e das nefastas consecuencias para o emprego que podía ter a inestabilidade laboral, a ACP da man da CIG decidiron asinar un Convenio Colectivo ilegal, vulnerando o Convenio Estatal da Construción e dereitos consolidados como o abono de atrasos, o contrato fixo de obra, a subrogación e outros importantes dereitos de ámbito estatal.

    A provincia de Pontevedra é a única que a día de hoxe non ten pechada a negociación colectiva, o que se reflicte directamente na contratación pública, por non falar das máis de 3.100 empresas do sector que van ter que aplicar a regulación laboral nos próximos anos.

    Pontevedra é a única provincia que non puido crecer despois da pandemia, a inestabilidade laboral ha feito que se freen proxectos, estando por baixo da media Galega de crecemento, situándose Pontevedra catro veces por baixo da Provincia da Coruña.

    O Convenio Estatal da Construción e o seu reflexo nas Provincia da Coruña, Lugo e Ourense, onde CCOO e UXT pecharon a firma dos convenios, serve de impulso e motor para a economía do sector, xerando estabilidade no emprego, e sendo garante dos dereitos dos persoais.

    Mentres A Coruña crece a un ritmo do 30,4%, Lugo a un 41,3% e Ourense a un 33,3%, Pontevedra sitúase nunha taxa de crecemento de apenas un 16%, freando a creación de emprego e deixando de ser sector tractor para outras actividades.

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia chámase á responsabilidade da ACP e a CIG na nova negociación, resultándolle curioso que a CIG nin sequera acudise ao TSXG para defender o asinado, deixando desamparados a máis de 17.000 traballadores e traballadoras. Unha vez e a CIG demostra que non sabe xestionar as maiorías, tal e como se está vendo no sector da Construción de Pontevedra, no sector de Salóns de peiteado de Galicia ou no sector da Limpeza de Lugo.

    CCOO do Hábitat de Galicia será garante dos dereitos dos traballadores e as traballadoras da Construción de Pontevedra na próxima negociación, xa que toca abrir de novo a mesa, para darlle solución a esta “chapuza sindical”.