CCOO del Hábitat | 28 abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia, consegue que a xustiza recoñeza a cobranza do paro a unha empregada de fogar que o solicitou antes de permitilo a lexislación

    A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza Galego (TSXG), por mor dunha iniciativa de CCOO do Hábitat de Galicia, foi pioneira en España

    02/11/2023.
    CCOO do Hábitat de Galicia, consegue que a xustiza recoñeza a cobranza do paro a unha empregada de fogar que o solicitou antes de permitilo a lexislación

    CCOO do Hábitat de Galicia, consegue que a xustiza recoñeza a cobranza do paro a unha empregada de fogar que o solicitou antes de permitilo a lexislación

    O TSXG recoñece o dereito dunha empregada do fogar para recibir prestacións por desemprego, desde antes da entrada en vigor da Real Decreto Lei 16/2022 para a mellora das condicións de traballo e de Seguridade Social das persoas traballadoras ao servizo do fogar.

    Esta sentenza, pioneira en España, ditouse pola aplicación da perspectiva de xénero e da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que provocou o cambio normativo en España.

    O tribunal ditaminou que a lexislación española que excluía ás empregadas do fogar do acceso ás prestacións por desemprego era contraria ás regulacións da UE.

    A demandante contribuíra con 2.361 días ao Sistema Especial para Empregados do Hogar e dous días ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

    Esta sentenza podería ter un impacto positivo noutras empregadas do fogar no seu mesma situación en España.