CCOO del Hábitat | 28 abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia obtén un excelente resultado nas eleccións sindicais de Taboleiros Hispanos de Lugo

    Recibiu o apoio unánime do persoal conseguindo nove representantes dos nove que se elixían

    19/07/2023.
    CCOO do Hábitat de Galicia obtén un excelente resultado nas eleccións sindicais de Taboleiros Hispanos de Lugo

    CCOO do Hábitat de Galicia obtén un excelente resultado nas eleccións sindicais de Taboleiros Hispanos de Lugo

    CCOO do Hábitat de Galicia logrou a xusta recompensa a todo o traballo realizado pola federación desde fai máis dunha década nesta empresa, antigamente denominada “Tablicia”, que ten unha longa traxectoria na provincia de Lugo, e que foi comprada no 2013 polo grupo peruano Martín, pasando a chamarse “Taboleiros Hispanos”.

    Nas anteriores eleccións o comité estaba composto por 4 delegados de CCOO do Hábitat; 1 de CIG e 4 de UGT.

    Nesta ocasión, o apoio unánime do persoal polo bo traballo realizado por CCOO do Hábitat de Galicia durante este últimos catro anos, fixo que a candidatura aumentase en 5 representantes.

    Con 99 votos para CCOO do Hábitat de Galicia e 9 en branco, o persoal mostrou de forma contundente que valora moi positivamente todo o traballo realizado polos 4 delegados de CCOO que lles representaban ata a actualidade.

    Este éxito electoral, reforza as reivindicacións de CCOO do Hábitat de Galicia que puxo todos os recursos sindicais ao servizo dos delegados na empresa, tanto o asesoramento sindical como por parte do gabinete de Saúde Laboral, que tivo unha gran incidencia no traballo sindical.