CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

A licitación do SAF de Narón é economicamente inviable

    Así o entendeu o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) dando a razón a CCOO do Hábitat de Galicia

    23/12/2022.
    A licitación do SAF de Narón é economicamente inviable

    A licitación do SAF de Narón é economicamente inviable

    Os salarios do estudo económico non se actualizaron conforme ao Convenio do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), e tampouco fai estimación dos incrementos salariais para a vixencia do contrato.

    O Tribunal de Contratación Pública de Galicia (TACGal) dálle a razón ao sindicato: os concellos deben garantir o incremento salarial do 6,5% segundo establece o Convenio do SAF de Galicia para este ano, dado que foi o IPC real ao 31 de decembro de 2021, e ademais, condena ao Órgano Contratante (Concello de Narón) a incluír unha estimación razoada sobre os futuros incrementos salariais e cal será a evolución salarial ao longo do prazo da execución do contrato.

    A resolución do TACGal descarta de cheo o argumento defendido polo órgano de Contratación polo que sostén a súa postura contraria a incluír a actualización sobre a base de que se descoñecen eses datos, que “A administración non pode presupoñer”, ademais nun “escenario de gran variabilidade”

    O Concello de Narón convocou a licitación do contrato descrito para o Servizo de Axuda no Fogar cun valor estimado declarado de 7.749.466,56 euros, consecuentemente, unha vez analizado e estudado o Contido dos Pregos pola Federación de CCOO do Hábitat de Galicia, o 1 de decembro de 2022 interpuxo un recurso especial en materia de contratación.

    Unha vez interposto o Recurso Especial en Materia de Contratación, o 12 de decembro de 2022 ditáronse medidas cautelares de suspensión do proceso de licitación.

    Finalmente, este mércores 21 de decembro, o TACGal Resolve Estimando o Recurso interposto pola federación de CCOO do Hábitat de Galicia, obrigando ao Concello de Narón a atender as denuncias interpostas para EMENDAR A PUBLICACIÓN DUNHA LICITACIÓN ECONOMICAMENTE INVIABLE, e garantir os dereitos das persoas Traballadoras do SAF de Narón, as cales estaban condenadas a padecer as consecuencias dun orzamento que non daba coberturas os seus custos salariais.

    Ao mesmo tempo, Comisións do Hábitat de Galicia mostra a súa satisfacción ante a resolución do TACGal dado que esta é a primeira resolución dos 3 recursos Especiais en Materia de Contratación contra os respectivos Concellos de Narón, Coruña e Padrón cualificados polo propio Secretario Xeral de CCOO, Unai Xordo, de Auténticos culpables no fracaso da negociación para o novo Convenio pola “actitude verdadeiramente lamentable destes concellos que se precipitaron a licitar os pregos de condicións con la idea de evitar la posibilidade dun Novo Convenio...”