CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia coas novas xeracións da Construción

    Participando nunha nova xornada da FLC sobre saídas profesionais do sector

    02/11/2022.
    CCOO do Hábitat de Galicia coas novas xeracións da Construción

    CCOO do Hábitat de Galicia coas novas xeracións da Construción

    CCOO do Hábitat de Galicia participou na mañá de hoxe nunha nova xornada da Fundación Laboral da Construción (FLC) que se produciu no Centro Público Integrado Antonio Orza Couto, en Boqueixon (A Coruña).

    A xornada estivo destinada para dar a coñecer entre a mocidade as saídas profesionais do sector da Construción e os futuros retos aos que se vai enfrontar, para o que, non só se necesitará un persoal cualificado, senón que ademais farán falta perfís que poidan combinar a arte da construción coas novas tecnoloxías e materiais.