CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia revalida a súa representación en Fepas

    CCOO do Hábitat de Galicia apoiada polo 100% do persoal de contrátaa do SAF de Oleiros

    07/10/2022.
    CCOO do Hábitat de Galicia revalida a súa representación en Fepas

    CCOO do Hábitat de Galicia revalida a súa representación en Fepas

    A Federación congratúlase de lograr alcanzar a totalidade da representación no comité de empresa de Fepas neste concello, xa que o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Oleiros é un referente en Galicia por conter grandes melloras por encima do Convenio.

    Unha vez máis as delegadas de CCOO do Hábitat de Galicia son apoiadas polas súas compañeiras nos centros de traballo, e volven depositar nelas a súa confianza para a defensa dos seus dereitos, sabendo que seguen pertencendo á primeira forza sindical galega do sector de Axuda no Fogar, máis cando a día de hoxe, estamos inmersos plenamente na negociación dun novo convenio para conseguir melloras substanciais nas condicións laborais das persoas traballadoras do sector.

    A Federación valora moi positivamente o resultado xa que o SAD de Oleiros e é o xusto premio ao esforzo das delegadas e delegados de Fepas Oleiros.