CCOO del Hábitat | 8 mayo 2024.

O persoal de Axuda no Fogar leva ante a Xunta as súas reivindicacións

    Santiago de Compostela acolleu este xoves 15 de setembro unha manifestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a nivel nacional

    16/09/2022.
    O persoal de Axuda no Fogar leva ante a Xunta as súas reivindicacións

    O persoal de Axuda no Fogar leva ante a Xunta as súas reivindicacións

    Na manifestación deste xoves 15 de setembro, as traballadoras e traballadores do SAF esixían un “convenio xusto” e unhas condicións laborais “dignas”.

    A marcha, convocada por CCOO do Hábitat de Galicia e UGT, partiu do edificio de sindicatos e finalizou diante da sede da Consellería de Política Social, onde esixiron que a Administración non mire para outro lado e clamaron consignas como “Xunta, escoita, o SAF está en loita!”

    En declaracións aos medios de comunicación, a secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia, Alejandra Gesto, lembrou que o SAF é un sector “eminentemente feminizado” —case o 90% son mulleres— e que, polas súas condicións de traballo, é “o sector máis precarizado de cuantos temos en Galicia”. Neste contexto, as auxiliares de Axuda no Fogar levan anos sen unha regulación que lles dea “a necesaria seguridade e estabilidade no emprego”.

    Pola súa banda, a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, considerou “inxustas” as condicións laborais que imperan no sector, mentres as empresas “desprezan” o labor realizado polas traballadoras. “Salarios baixos, xornadas interminables e insuficiente normativa de prevención de riscos” son algúns dos defectos que denunciou.

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia e UGT afirman que o persoal do sector “non está disposto” a continuar prestando servizos nestas condicións.

    Como xesto para desbloquear a situación, e coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, acordouse atrasar a convocatoria de folga prevista para hoxe, pero advirten do “endurecemento” das protestas se non se producen avances.