CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

CCOO e UGT anuncian mobilizacións e folga no sector de axuda no fogar contra os incumprimentos das empresas

    Os sindicatos acaban de gañar unha importante sentenza na Audiencia Nacional que ratifica a obriga de actualizar os salarios neste sector conforme ao IPC, que rematou o 2021 nun 6,5 %.

    14/07/2022.
    CCOO e UGT anuncian mobilizacións e folga no sector de axuda no fogar contra os incumprimentos das empresas

    CCOO e UGT anuncian mobilizacións e folga no sector de axuda no fogar contra os incumprimentos das empresas

    Comisións Obreiras e UGT anunciarán mañá venres, 15 de xullo, un calendario de mobilizacións no sector da axuda no fogar que incluirá folga e unha gran manifestación á que están chamadas as case dez mil traballadoras e traballadores empregados nesta actividade en Galicia. Farano nunha conferencia de prensa que terá lugar ás 11 horas na sede nacional de CCOO, en Santiago de Compostela. Ambos os sindicatos dan este paso por mor dos incumprimentos das empresas en materia salarial, chegando incluso a facer caso omiso das distintas sentenzas.

    A última resolución xudicial chegou hai poucos días: a Audiencia Nacional critica a «pobreza argumental» das patronais da axuda a domicilio e ínstaas a actualizaren os salarios conforme o IPC real, que rematou o 2021 no 6,5 %. No caso galego xa había xurisprudencia, pois gañárase no 2013 unha sentenza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obrigaba a actualizar todos os conceptos salariais sobre a base do IPC.

    Segundo CCOO e UGT, hai varias empresas que si están cumprindo e actualizaron os conceptos retributivos un 6,5 %. É o caso de Idades, O Espertar, SIAD 24, Atendo Calidade, Senet Cit ou Mayores. Fóra destas excepcións, a maioría —que emprega o 95 % do persoal— mantén unha «estratexia de retención dos salarios», denuncian os sindicatos.

    Convocatoria 

    – Día : venres, 15 de xullo de 2022

    – Hora : 11 horas

    – Lugar : sala de prensa do Sindicato Nacional de CC OO (r/ Miguel Ferro Caaveiro n.º 8, planta baixa;

    San Lázaro-Santiago de Compostela)

    – Intervirán : Alejandra Gesto, secretaria xeral de CCOO-Hábitat e Javier Martínez, secretario do sector sociosanitario de UGT-SP