CCOO del Hábitat | 27 abril 2024.

Urbaser Santiago maniféstase nas rúas anunciando folga

    Denuncian o despedimento de compañeiros e compañeiras e os incumprimentos de contrátaa, tanto en condicións laborais como na prestación do servizo adxudicado

    01/07/2022.
    Urbaser Santiago maniféstase nas rúas anunciando folga

    Urbaser Santiago maniféstase nas rúas anunciando folga

    O persoal da empresa Urbaser (contrata da Recollida de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) e Limpeza Viaria de Santiago de Compostela) sae ás rúas para poñer en coñecemento de todo a veciñanza a actual situación deste servizo esencial.

    A calidade do servizo empeora día a día, e a situación vai acompañada dunha precarización das condicións laborais do persoal a cal está a soportar unha sobrecarga de traballo inusual ante a falta de cobertura das baixas do persoal tanto por situacións de Incapacidade Temporal (I.T.) ou a propia cobertura das vacacións de compañeiros e compañeiras.

    Por parte do Concello de Santiago existe un total deixamento na súa obrigación de velar polo cumprimento da prestación de servizos. 

    Desde o mes de maio, mes no cal se adxudicou o novo contrato, non se está levando a cabo ningún control sobre este servizo destacando sobre todo:

    - Falta de limpeza e mantemento dos colectores.

    - Falta de limpeza e mantemento das papeleiras.

    - Falta de Varredoras.

    - Mal estado dos Camións

    - Nula Limpeza no rural.

    - Mala xestión da reciclaxe e falta de illas para poder realizala.

    - Falta de persoal na empresa, o cal repercute directamente na calidade do servizo.

    Desde o comité de empresa denuncian que se non hai nin persoal nin material, non se pode facer a limpeza da cidade en condicións, engadindo o problema que se vai a dar este ano ao coincidir o verán con pleno ano santo, no cal se incrementa o turismo de forma exponencial en relación ao resto de anos, ofrecendo unha imaxe pésima da cidade de Compostela.

    O comité de empresa anunciará nos próximos días o endurecemento das mobilizacións, no caso de que desde o concello ou desde a propia empresa, non se reverta a situación.