CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia manifestouse en Noia en defensa do futuro da planta de reciclaxe de Lousame

    Centos de persoas secundaron as mobilizacións convocadas polo comité de empresa ante a falta de compromiso da Mancomunidade na Defensa do Modelo de Xestión da Planta de Lousame

    20/06/2022.
    CCOO do Hábitat manifestouse en Noia en defensa do futuro da planta de reciclaxe de Lousame

    CCOO do Hábitat manifestouse en Noia en defensa do futuro da planta de reciclaxe de Lousame

    A planta de Lousame, posiblemente a mellor planta de reciclaxe do Estado español, arrastra desde hai anos unha serie de problemas que ameazan o seu futuro, en boa medida pola «nefasta» xestión por parte dos Concellos que integran a Mancomunidade. Isto levou o persoal para mobilizarse xa en diversas ocasións desde xuño de 2021.

    A Falta de investimento nas instalacións, medios obsoletos e constantes problemas xudiciais entre a institución supramunicipal e a concesionaria son algúns dos defectos que foron lastrando as prestacións da planta. O último capítulo é a pretensión da Mancomunidade de prorrogar o contrato con FCC sen introducir melloras, ademais de suprimir a quenda de noite, o que provocará a perda de numerosos postos de traballo.

    O comité solicitou en reiteradas ocasións a colaboración da Xunta de Galicia, pero a Administración autonómica ha deixado claro que a súa aposta é o modelo de Sogama, a incineración. Tamén se procurou apoio da Deputación da Coruña, cuxo presidente manifestou nunha reunión a comezos de ano a súa coincidencia coas reivindicacións dos representantes do persoal.

    Unha das principais demandas é que se nomee un xerente ou unha xerente da Mancomunidade, pois un dos problemas detectados é a falta de xestión, derivada en boa medida de que a presidencia do organismo é rotatoria —actualmente preside o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, do PSdeG.

    Tamén houbo unha reunión co propio Saborido, para trasladarlle os acordos a que se chegou co presidente da Deputación. O rexedor carnotán manifestou verbalmente que se traballaría nesa liña, pero finalmente o comité acabou coñecendo extraoficialmente que a proposta será outra, a prórroga con recortes.

    Esta situación súmase ao que CCOO do Hábitat de Galicia cualifica de «prácticas antisindicales» da empresa e que afectan aos distintos sindicatos. No caso de Comisións, a sanción «inxustificada» de quince días de suspensión de emprego e soldo contra un delegado deste sindicato, así como a negativa a que outro compañeiro do sindicato forme parte do comité de seguridade e saúde laboral. «Estas prácticas están a ser analizadas polos nosos servizos xurídicos», sinalou Ricardo Santos, secretario de Comunicación de CCOO do Hábitat de Galicia.

    Por todo isto, o comité de empresa, integrado por CCOO, CIG e UGT, saíron ás rúas esta fin de semana para retomar as mobilizacións, esixindo que os Concellos que se impliquen na procura dunha solución.