CCOO del Hábitat | 28 marzo 2024.

Máxima confianza do persoal de PreZero As Mariñas nos representantes de CCOO do Hábitat de Galicia

    CCOO do Hábitat de Galicia aumenta a maioría absoluta dentro do Comité de empresa obtendo case o 70% dos votos escrutados, liderándoo os próximos 4 anos e ampliando nun delegado a súa representatividade

    16/06/2022.
    Máxima confianza do persoal de PreZero As Mariñas nos representantes de CCOO do Hábitat de Galicia

    Máxima confianza do persoal de PreZero As Mariñas nos representantes de CCOO do Hábitat de Galicia

    CCOO do Hábitat de Galicia amplía a maioría absoluta que xa tiña en PreZero As Mariñas cun resultado histórico en representatividade, no que o persoal respondeu cun contundente apoio ao traballo realizado polos delegados e delegadas do sindicato durante este últimos catro anos, culiminando no mes de abril coa negociación e aprobación polo propio Persoal dunha subida salarial do 6,5% para o ano 2022, garantindo desta maneira o mantemento do o seu poder adquisitivo acorde ao incremento dos prezos do ano anterior, segundo os datos publicados sobre o IPC Real ao 31 de decembro do 2021.

    As votacións comezaron ás 05:00 horas e prolongáronse ata as 15:00 horas, un tramo horario no que se garantiu a máxima participación dentro da xornada laboral, polo que a pesar da estendida xornada electiva, o resultado recompensou o sacrificio dos interventores que por parte de CCOO estiveron ao pé das urnas.

    Este resultado avala o plan de traballo que está a desenvolver a CCOO do Hábitat de Galicia no sector de Residuos Sólido Urbanos (RSU).