CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

O comité da planta de FCC en Lousame toma as rúas de Carnota en defensa do seu futuro

    O comité de empresa da planta de recollida e reciclaxe de lixo da Mancomunidade Serra do Barbanza, xestionada por FCC, tomou este mércores as rúas de Carnota en defensa do seu futuro

    15/06/2022.
    O comité da planta de FCC en Lousame toma as rúas de Carnota en defensa do seu futuro

    O comité da planta de FCC en Lousame toma as rúas de Carnota en defensa do seu futuro

    As instalacións de reciclaxe da Mancomunidade están situadas en Servia (Lousame). Dá emprego a case 160 persoas e dá servizo aos concellos de Lousame, Muros, Porto do Son, Noia, Brión e Carnota (todos eles integrantes da Mancomunidade), alén de Pontecesures, Rois e Ames. En total, unha área xeográfica con máis de 86.000 habitantes.

    A planta de Servia, posiblemente a mellor planta de reciclaxe do Estado español, arrastra desde hai anos unha serie de problemas que ameazan o seu futuro, en boa medida pola «nefasta» xestión por parte dos concellos que integran a Mancomunidade. Isto levou ao persoal para mobilizarse xa en diversas ocasións no último ano.

    Falta de investimento nas instalacións, medios obsoletos e constantes problemas xudiciais entre a institución supramunicipal e a concesionaria son algunhas dos defectos que foron lastrando as prestacións da planta. O último capítulo é a pretensión da Mancomunidade de prorrogar o contrato con FCC sen introducir melloras e ademais suprimindo a quenda de noite, o que provocará a perda de numerosos postos de traballo.

    O comité solicitou en reiteradas ocasións a colaboración da Xunta de Galicia, pero a administración autonómica deixou claro que a súa aposta é o modelo de Sogama, a incineración. Tamén se procurou apoio da Deputación da Coruña, cuxo presidente manifestou nunha reunión a comezos de ano a súa coincidencia coas reivindicacións dos representantes do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

    Enlaces relacionados
    Enlaces relacionados