CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

A falta de adaptación dos prezos dos materiais de construción nos contratos públicos prexudicial na xeración de emprego

    Alejandra Xesto, Secretaria Xeral Hábitat Galicia, advirte que a falta de toma de decisións das Administracións Públicas pode prexudicar aos traballadores e as traballadoras do sector da Construción, provocando a paralización na xeración de emprego ou empeorando as súas condicións laboráis

    07/05/2022.
    A falta de adaptación dos prezos dos materiais de construción nos contratos públicos prexudicial na xeración de emprego

    A falta de adaptación dos prezos dos materiais de construción nos contratos públicos prexudicial na xeración de emprego

    CCOO do Hábitat de Galicia alerta dun posible freo na creación de postos de traballo no sector da construción #ante a inacción das Administracións á hora de adaptar os contratos de obra pública ao incremento dos prezos das materias primas, da enerxía e dos salarios. Advirte que esta falta de toma de decisións pode prexudicar os traballadores e traballadoras do sector, provocando paralización na xeración de emprego ou empeorando as súas condicións laborais.

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia reclaman a modificación do marco normativo vixente da contratación pública, para adaptala á situación actual de incerteza e volatilidade que están a afectar a unha das industrias que máis emprego xera en Galicia.

    CCOO do Hábitat de Galicia mostra a súa preocupación tamén polos contratos de obra pública que están a quedar desertos e que prexudican a contratación de traballadores e traballadoras dun sector xa por si marcado polo envellecemento do cadro de persoal das empresas e pola falta de persoal cualificado.