CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

Eleccións sindicais no SAF de Coristanco

    CCOO do Hábitat de Galicia gaña as eleccións sindicais no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Coristanco

    03/11/2021.
    Eleccións sindicais no SAF de Coristanco

    Eleccións sindicais no SAF de Coristanco

    O persoal de Senes CIT S.L., actual empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar en Coristanco, acorda que sexa CCOO do Hábitat de Galicia o sindicato que vele polos seus dereitos e melloras laborais.

    Hai uns días, o 85% do persoal do SAF de Coristanco decidiu elixir unha RLT (Representante Legal dos Traballadores e as Traballadoras) baixo as siglas de CCOO do Hábitat de Galicia, por entender que é o sindicato que mellor pode defender os seus dereitos e pelexar polas melloras para conseguir no centro de traballo.

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia marcamos como principal obxectivo conseguir que se licite o servizo cuns pregos que garantan que se respecta o convenio de aplicación, principal escollo no cumprimento dos dereitos do persoal coa actual contrata. Un labor arduo, que só pode alcanzarse con moito traballo e perseveranza, calidades natas nas responsables provinciais de Atención Domiciliaria da federación; Mari García e Belén González, grazas ás cales e ao labor desenvolvido polas mesmas, as traballadoras e traballadores dos SAF sinálanas como referentes no Sector.