CCOO del Hábitat | 27 abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia gaña as eleccións sindicais na empresa Ocisat

    O persoal de Ocisat dá un paso adiante no avance e mellora das súas condicións laborais ao decidir que CCOO do Hábitat de Galicia sexa o sindicato referente dos representantes dos traballadores e traballadoras

    30/10/2021.
    CCOO do Hábitat de Galicia gaña as eleccións sindicais na empresa Ocisat

    CCOO do Hábitat de Galicia gaña as eleccións sindicais na empresa Ocisat

    Son varios meses de continuas reunións co persoal para poder chegar aos máis de 30 traballadores e traballadoras da empresa, onde finalmente adóptase a impetuosa necesidade de arroupar e elixir aos 3 compañeiros que decidiron presentarse como representantes dos traballadores e as traballadoras baixo as siglas de CCOO do Hábitat de Galicia.

    Unha vez máis, CCOO do Hábitat de Galicia ve recompensada o gran labor desempeñado ao longo destes 5 anos de continuas melloras nas condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector, grazas ao paraugas do Convenio Estatal e Provincial de aplicación no sector da construción. Un convenio no que ano tras ano foi garantindo o incremento do poder adquisitivo alcanzando unha subida total dun 11%, fronte o incremento do 2,6% do IPC no período de referencia.

    CCOO do Hábitat de Galicia lamenta o comportamento antisindical da CIG nestas eleccións nas que, a pesar de non ter candidatura, tratou de entorpecer o proceso electoral, que foi moi participativo e democrático, facendo continuas impugnacións coa única finalidade de que CCOO do Hábitat de Galicia non siga sumando e crecendo en representación no sector.