CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

Incerteza entre o persoal da planta de residuos de Lousame (A Coruña)

    Desde o comité de empresa solicitouse unha reunión co novo presidente nos próximos 15 días para poder dar certezas sobre o futuro da planta ás case 140 persoas que traballan nela

    17/06/2021.
    Incerteza entre o persoal da planta de residuos de Lousame (A Coruña)

    Incerteza entre o persoal da planta de residuos de Lousame (A Coruña)

    O comité de empresa de FCC, concesionaria da planta de residuos de Lousame, concentrouse o martes en Porto do Son con motivo da xunta extraordinaria da Mancomunidade da Serra do Barbanza. Coa protesta, as traballadoras e traballadores mostraron a súa preocupación #ante diversas filtracións que apuntaban a un posible cambio no modelo de xestión e o seu impacto no emprego.

    Nesta xunta produciuse unha substitución á fronte da Mancomunidade, pois finalizaba o mandato de Luís     Oujo, alcalde sonense do PP. Corresponderíalle substituílo ao socialista Pablo Lago, rexedor de Brión, pero aduciu motivos persoais para non asumir a responsabilidade, que recaeu no seu compañeiro de partido, Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota.

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia agradécese que a Mancomunidade aceptase recibir á representación legal dos traballadores e das traballadoras, tanto antes da xunta extraordinaria como ao final.

    Segundo CCOO do Hábitat de Galicia, a Mancomunidade manifestou que polo momento non pediu ningún estudo para cambiar o modelo de xestión. Non obstante o novo presidente confirmou que, finalizando a concesión de  FSCC  no 2023, cabería a posibilidade de prorrogar a concesión ata cinco anos —o máximo permitido pola lei—, período no que si se poderían estudar outros modelos que fagan viable a planta e garantan os postos de traballo.

    Desde o comité de empresa pediuse unha reunión formal co novo presidente da Mancomunidade no próximos quince días para poder dar certezas sobre unha planta que dá traballo a case 140 persoas.