CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

Accidente laboral mortal no sector forestal en Moraña (Galicia)

    O traballador retiraba madeira de eucalipto cando foi esmagado polo seu propio tractor producíndolle a morte

    03/06/2021.
    Accidente laboral mortal no sector forestal en Moraña (Galicia)

    Accidente laboral mortal no sector forestal en Moraña (Galicia)

    No día de onte produciuse un accidente no que faleceu un traballador, veciño de Moraña, mentres retiraba madeira de eucalipto nun monte de Arca.

    O tractor co que traballaba envorcouse por causas descoñecidas esmagando ao traballador de 52 anos de idade.

    O accidente produciuse sobre as 19:00 horas da tarde nunha zona de difícil acceso, polo que se decidiu enviar un helicóptero medicalizado ao lugar, ademais de alertar aos bombeiros, Emerxencias, Garda Civil e unha ambulancia do 061, aínda que a complicada orografía do terreo impediu que os vehículos de emerxencias puidesen chegar ata a zona do suceso nos seus vehículos e tivesen que trasladar o material de rescate a pé polo monte durante máis de medio quilómetro.

    CCOO do Hábitat de Galicia estará pendente do resultado da investigación deste novo accidente no sector para que se esclarezan os motivos que levaron a este fatal desenlace.