CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

Presentación do proxecto “ Constrúate” para a substitución xeracional na construción

    Este xoves presentouse en Santiago de Compostela o proxecto Constrúate, que fomenta a substitución xeracional no sector da construción

    03/06/2021.
    Presentación do proxecto “ Constrúate” para a substitución xeracional na construción

    Presentación do proxecto “ Constrúate” para a substitución xeracional na construción

    No acto de presentación do proxecto Constrúate participou a secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia, Alejandra Xesto, quen lles pediu «valentía» ás empresas, non só para incorporar mozos, senón para apostar polas mozas galegas na renovación xeracional dun sector altamente masculinizado. «Este proxecto é unha gran oportunidade e debemos aproveitala», salientou.

    Constrúate é unha iniciativa da Fundación Laboral da Construción —da que forma parte CCOO do Hábitat— en colaboración coa Xunta de Galicia.

    Un total de trinta traballadores e traballadoras poderán crecer profesionalmente en base á formación e á aprendizaxe dentro dunha das vinte empresas que participan no proxecto.