CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

O persoal de Viaqua comezou hoxe as mobilizacións en defensa do seu convenio

    Hoxe en Pontevedra, os traballadores e traballadoras de Viaqua, deron comezo as mobilizacións en defensa do seu convenio de ámbito autonómico. As protestas continuarán os próximos días en Fene, Ourense e Santiago de Compostela

    04/05/2021.
    O persoal de Viaqua comezou hoxe as mobilizacións en defensa do seu convenio

    O persoal de Viaqua comezou hoxe as mobilizacións en defensa do seu convenio

    As negociacións do convenio de Viaqua comezaron o 22 de xaneiro do ano pasado. Nese período houbo dez reunións, nas que o comité «fixo todo o posible» por lograr un texto «xusto», incluso variando a plataforma reivindicativa para achegar posicións.

    Con todo, a patronal «mostrou desde o comezo unha actitude insensible» e ata presentou unha proposta que deixaba varias categorías profesionais con soldos inferiores ao convenio estatal.

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia critícase a «falta de vontade negociadora» por parte da empresa que, pasados dous meses, aínda non respondeu á última proposta sindical.

    Se Viaqua non cambia de actitude despois desta semana de mobilizacións non se descarta a convocatoria dunha folga, advírtese desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia.

    Próximas mobilizacións

    — 6 de maio: ás 12:30 horas diante do Concello de Fene

    — 10 de maio: ás 12:30 na praza Maior de Ourense

    — 11 de maio: ás 12:30 na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela