CCOO del Hábitat | 12 agosto 2026.

CCOO do Hábitat de Galicia asina o novo Convenio Colectivo Provincial da Industria de Ebanistería e Afíns da provincia de Lugo para o período 2026-2029

    O acordo, subscrito coa organización sindical que ostenta o 71 % da representatividade no sector, contempla importantes incrementos salariais, unha cláusula de revisión salarial e melloras nas condicións laborais.

    17/07/2026.
    CCOO do Hábitat de Galicia asina o novo Convenio Colectivo Provincial da Industria de Ebanistería e Afíns da provincia de Lugo para o período 2026-2029

    CCOO do Hábitat de Galicia asina o novo Convenio Colectivo Provincial da Industria de Ebanistería e Afíns da provincia de Lugo para o período 2026-2029

    CCOO do Hábitat de Galicia asinou esta semana o novo Convenio Colectivo Provincial da Industria de Ebanistería e Afíns da provincia de Lugo, que terá unha vixencia de catro anos, desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2029.

    A sinatura do convenio supón un importante avance para as persoas traballadoras do sector, ao consolidar melloras tanto salariais como sociais, froito do proceso de negociación colectiva liderado por CCOO do Hábitat de Galicia, organización que ostenta o 71 % da representatividade neste ámbito.

    Entre as principais novidades do acordo destacan os incrementos salariais pactados para toda a vixencia do convenio:

    • 2026: incremento do 4 %.
    • 2027: incremento do 3,5 %.
    • 2028: incremento do 3,5 %.
    • 2029: incremento do 4 %.

    Así mesmo, o convenio incorpora unha cláusula de revisión salarial, destinada a garantir o mantemento do poder adquisitivo das persoas traballadoras fronte á evolución do custo da vida.

    Táboa salarial para 2026: O salario mensual queda fixado do seguinte xeito:

    • Grupo 1: 1.987,09 euros.
    • Grupo 2: 1.862,67 euros.
    • Grupo 3: 1.738,64 euros.
    • Grupo 4: 1.711,02 euros.
    • Grupo 5: 1.677,48 euros.
    • Grupo 6: 1.641,96 euros.
    • Grupo 7: 1.641,96 euros.

    Ademais das melloras salariais, o novo convenio incorpora avances significativos en materia de dereitos laborais, entre os que destacan:

    • Un plus especial de cualificación de 805,32 euros anuais para o persoal oficial de primeira contratado con anterioridade ao 6 de xuño de 2014. 
    • Incremento das dietas: 70 euros por dieta completa e 17 euros por media dieta. 24 días laborables de vacacións ao ano.
    • Un día de asuntos propios ao ano.
    • Mellora do complemento por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral:* 85 % do salario entre os días 21 e 55 da baixa. * 90 % do salario entre os días 56 e 80 da baixa. * 100 % do salario a partir do día 81 da baixa. 

    Este acordo reforza a protección económica e social das persoas traballadoras do sector e proporciona un marco de estabilidade para os vindeiros catro anos.

    CCOO do Hábitat de Galicia valora moi positivamente a sinatura deste convenio, que reflicte o compromiso da organización coa defensa dunhas condicións laborais dignas, coa mellora do poder adquisitivo e co fortalecemento da negociación colectiva como ferramenta fundamental para avanzar na conquista de dereitos laborais.