CCOO del Hábitat | 12 agosto 2026.

CCOO do Hábitat de Galicia revalida a súa maioría en PreZero As Mariñas

    O sindicato agradece o respaldo e reafirma o seu compromiso coa persoal

    17/06/2026.
    CCOO do Hábitat de Galicia revalida a súa maioría en PreZero As Mariñas

    CCOO do Hábitat de Galicia revalida a súa maioría en PreZero As Mariñas

    CCOO do Hábitat de Galicia conseguiu revalidar a súa maioría no comité de empresa de PreZero As Mariñas, un resultado que reforza a liña de traballo desenvolvida durante os últimos anos en defensa das condicións laborais do persoal.

    A candidatura de CCOO do Hábitat de Galicia obtivo un respaldo maioritario nos comicios celebrados na compañía, o que supón un novo aval á súa xestión e á loita diaria polos dereitos dos traballadores e as traballadoras. Desde o sindicato valórase este apoio como un recoñecemento ao traballo honesto e rigoroso que mantiveron en cada negociación e en cada conflito.

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia agradécese aos compañeiros e compañeiras a súa confianza maioritaria, queremos asegurar que continuaremos estando ao seu lado para mellorar as súas condicións laborais, con transparencia e coa mesma determinación que nos caracterizou ata o de agora.

    Desde o equipo sindical sublíñase que este respaldo non fai máis que aumentar a súa responsabilidade e o seu compromiso, e adiantan que continuarán traballando con proximidade e firmeza para afrontar os retos futuros en PreZero As Mariñas, sempre priorizando o benestar do persoal e a estabilidade do emprego.