CCOO del Hábitat | 12 agosto 2026.

Diálogo a tres bandas para dignificar á seguridade privada hospitalaria en Galicia

    CCOO do Hábitat de Galicia e CIG logran o respaldo empresarial para negociar un marco común no SERGAS

    25/05/2026.
    Diálogo a tres bandas para dignificar á seguridade privada hospitalaria en Galicia

    Diálogo a tres bandas para dignificar á seguridade privada hospitalaria en Galicia

    CCOO do Hábitat de Galicia e a CIG deron este venres un primeiro paso firme para transformar as condicións laborais da seguridade privada hospitalaria en Galicia. Nunha reunión celebrada no Consello Galego de Relacións Laborais, ambas centrais sindicais lograron sentar á parte social e ás empresas do sector que prestan servizo nos hospitais e centros sanitarios do SERGAS (Servizo Galego de Saúde), cun obxectivo claro: avanzar cara a un marco común que harmonice e dignifique as condicións das persoas traballadoras.

    Durante o encontro, a parte social defendeu o recoñecemento das particularidades do traballo en centros sanitarios e esixiu a equiparación de condicións co resto de contratas do ámbito público sanitario. Pola súa banda, as empresas mostraron disposición a negociar melloras, sempre que conten co respaldo económico necesario nas futuras licitacións públicas.

    O resultado do diálogo foi un acordo concreto: presentar un escrito conxunto solicitando unha reunión coa Consellería de Sanidade para abrir unha mesa de diálogo a tres bandas, con administración, empresas e representación sindical.

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia sublíñase que este é só o primeiro paso, pero marca un antes e un despois na pelexa pola dignidade, a igualdade e a xustiza nun sector crave para a sanidade pública galega.