CCOO del Hábitat | 12 agosto 2026.

Máis de 1.100 traballadores concéntranse en Vigo con CCOO do Hábitat de Galicia presente na cabeceira

    Alejandra Gesto Montes, secretaria xeral do sindicato, asistiu á asemblea posterior baixo o lema “A forza de cambiar as cousas”

    13/05/2026.
    Máis de 1.100 traballadores concéntranse en Vigo con CCOO do Hábitat de Galicia presente na cabeceira

    Máis de 1.100 traballadores concéntranse en Vigo con CCOO do Hábitat de Galicia presente na cabeceira

    Máis de 1.100 persoas traballadoras chegadas de toda Galicia concentráronse en Vigo ante a Confederación Empresarial de Pontevedra para reclamar o desbloqueo da negociación colectiva, salarios dignos e o fin da campaña contra as baixas laborais.

    Na cabeceira da pancarta, baixo o título: “Absentismo = Acoso da Xunta e da Patronal. A nosa saúde é un dereito”, atopábase a secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia, Alejandra Gesto Montes.

    Ao termo da mobilización, CCOO de Galicia celebrou no Auditorio Mar de Vigo unha asemblea de delegadas e delegados baixo o lema “A forza de cambiar as cousas: salarios, vivenda e democracia”.

    Durante a xornada tamén se puxo o foco na crise da vivenda, a precariedade laboral e a necesidade de reforzar os servizos públicos e os dereitos da clase traballadora.