CCOO del Hábitat | 7 junio 2026.

Miguel Giráldez, premio 1º de Mayo da UC de Vigo: o compromiso coa clase traballadora non ten idade

    O histórico sindicalista de CCOO na limpeza viaria de Vigo foi recoñecido por unha vida de loita e solidariedade, que continúa tras a súa xubilación

    28/04/2026.
    Miguel Giráldez, premio 1º de Mayo da UC de Vigo: o compromiso coa clase traballadora non ten idade

    Miguel Giráldez, premio 1º de Mayo da UC de Vigo: o compromiso coa clase traballadora non ten idade

    O pasado venres, 24 de abril, o compañeiro Miguel Giráldez Carrera recibiu o Premio 1º de Mayo da UC de Vigo, un merecido recoñecemento ao seu compromiso e solidariedade cos dereitos da clase traballadora.

    Incansable defensor das condicións dignas na empresa FCC limpeza viaria de Vigo, Miguel foi quen impulsou e encabezou nos anos oitenta a primeira candidatura de CCOO na compañía, abrindo camiño para que os persoais puidesen organizarse e pelexar polos seus dereitos. Pero o seu labor non quedou atrás coa idade: mesmo despois da súa xubilación, seguiu vinculado os seus compañeiros e compañeiras do sector, así como a CCOO do Hábitat de Galicia, demostrando que o compromiso co persoal traballador non termina nunca.

    Desde o compañeirismo máis sincero, celebramos o seu exemplo e dámoslle os parabéns.