CCOO del Hábitat | 7 junio 2026.

CCOO do Hábitat de Galicia logra unha subida salarial de máis do 30% en Intasa As Pontes

    O sindicato forza a aplicación do convenio de carpintería tras décadas de maioría da CIG

    24/04/2026.
    CCOO do Hábitat de Galicia logra unha subida salarial de máis do 30% en Intasa As Pontes

    CCOO do Hábitat de Galicia logra unha subida salarial de máis do 30% en Intasa As Pontes

    CCOO do Hábitat de Galicia conseguiu un avance decisivo para as persoas traballadoras de Intasa As Pontes. Grazas a un conflito colectivo, a representación legal do sindicato logrou que a empresa pase a aplicar o convenio de carpintería, un cambio que supón unha mellora moi significativa das condicións laborais.

    Entre outros beneficios, inclúe unha subida salarial de máis do 30% nos próximos tres anos. Este resultado foi posible tras a entrada de CCOO do Hábitat de Galicia no comité de empresa, rompendo así con décadas de maioría absoluta da CIG.

    O sindicato destaca que este xiro permitiu empezar a rematar coa precariedade e sentar as bases dun traballo serio, responsable e centrado na defensa real dos dereitos do persoal. “Este é un exemplo claro de que a organización, a constancia e o compromiso dan resultados”, sinalan desde CCOO, que subliñan que seguirán traballando na mesma liña.