CCOO del Hábitat | 7 junio 2026.

CCOO do Hábitat de Galicia triplica a súa forza en UTE Enerxía

    O persoal apoia un sindicalismo máis participativo e reivindicativo

    23/04/2026.
    CCOO do Hábitat de Galicia triplica a súa forza en UTE Enerxía

    CCOO do Hábitat de Galicia triplica a súa forza en UTE Enerxía

    CCOO do Hábitat de Galicia acaba de triplicar a súa representación en UTE Enerxía, da subcontrata de SOGAMA. O resultado, claro e contundente, mostra que o persoal decidiu apoiar maioritariamente outra forma de facer sindicalismo: máis próxima, máis participativa e sen medo a reivindicar.

    Desde o sindicato trasladamos o noso apoio á nova Representación Legal das Persoas Traballadoras (RLPT), que afronta unha etapa chea de retos, pero coa enerxía que dá saber que non están sós.

    CCOO do Hábitat de Galicia agradece, sobre todo, a confianza duns traballadores e traballadoras que dixeron claramente que modelo queren para o seu futuro.