CCOO del Hábitat | 7 junio 2026.

CCOO do Hábitat de Galicia celebra o seu Consello e aproba o Informe Xeral por unanimidade

    “Xogámonos moito” nas próximas eleccións sindicais, advirte Alejandra Gesto

    16/04/2026.
    CCOO do Hábitat de Galicia celebra o seu Consello e aproba o Informe Xeral por unanimidade

    CCOO do Hábitat de Galicia celebra o seu Consello e aproba o Informe Xeral por unanimidade

    No Consello de CCOO do Hábitat de Galicia celebrado o pasado 14 de abril nas instalacións da Fundación Laboral da Construción, onde se aprobou por unanimidade o Informe Xeral, Alejandra Gesto, secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia, realizou un completo repaso da complicada situación sociopolítica actual e das súas repercusións tanto nas persoas traballadoras dos sectores que representamos como na sociedade en xeral.

    Tamén abordou as distintas áreas de traballo da federación: Organización, Acción Sindical, Negociación Colectiva, Finanzas, Igualdade, Saúde Laboral, Formación e Comunicación. Destacou especialmente o inicio dun período crave de eleccións sindicais, no que “nos xogamos moito” e para o que é fundamental a implicación de delegados, delegadas e toda a afiliación.

    Pola súa banda, Daniel Barragán, secretario xeral de CCOO do Hábitat, analizou o contexto sociopolítico actual, advertindo do perigo que supón que o futuro do mundo dependa dunha persoa tan inestable.

    Subliñou a importancia da regularización da poboación inmigrante como unha cuestión de humanidade e de integración real na sociedade.

    Reiterou o apoio e a colaboración da Federación Estatal, cuxa principal función é dar soporte ás federacións territoriais, e puxo o foco en aspectos clave como a prevención laboral e a importancia dos coeficientes redutores en sectores como a construción ou a axuda a domicilio.

    Finalmente, puxo en valor o labor do sindicato, destacando a importancia de axudar á xente e reivindicando que este compromiso sitúanos no equipo dos “bos”.