CCOO del Hábitat | 7 junio 2026.

CCOO do Hábitat forza a corrección de erros graves nas achegas ao plan de pensións da construción en Pontevedra

    A intervención de CCOO do Hábitat permitiu detectar e corrixir erros importantes nos cálculos das achegas ao plan de pensións sectorial que, nalgúns casos, reducían máis dun 50 % as contías que lles correspondían ás persoas traballadoras.

    17/03/2026.
    CCOO do Hábitat forza a corrección de erros graves nas achegas ao plan de pensións da construción en Pontevedra.

    CCOO do Hábitat forza a corrección de erros graves nas achegas ao plan de pensións da construción en Pontevedra.

    Tras a denuncia do sindicato, convocouse unha nova reunión do convenio provincial da construción, na que se revisaron os cálculos e se presentou un novo documento coas contías corrixidas.  

    Na sesión aprobáronse tamén avances relevantes para o sector: 

    • Actualización das táboas salariais

    • +0,4 % sobre as táboas de 2024 (desde o 1 de xaneiro de 2025)

    • +3,5 % de incremento salarial en 2025

    • +3 % en 2026• Cláusula de garantía salarial ligada ao IPC  Plan de pensións sectorial

    • 2025: achega empresarial adicional do 0,5 %

    • 2026: contribución do 0,25 % 

    Tamén se actualizaron conceptos extrasalariais como:

    • desgaste de ferramentas

    • compensación por falta de roupa de traballo

    • axudas de custo por desprazamento 

    Ademais, amplíase a xornada intensiva de verán a tres meses e mantéñense os 15 minutos de pausa para o bocadillo como tempo efectivo de traballo.Desde CCOO do Hábitat subliñan que este resultado demostra a importancia dunha acción sindical útil, rigorosa e vixiante para garantir que se respecten todos os dereitos das persoas traballadoras.