CCOO del Hábitat | 7 junio 2026.

CCOO do Hábitat de Galicia reivindica na rúa a memoria obreira do 10 de marzo

    A súa secretaria xeral, Alejandra Gesto Montes, situouse tras a pancarta "As mulleres de CCOO movémonos" para honrar a Amador Rey e Daniel Néboa

    12/03/2026.
    CCOO do Hábitat de Galicia reivindica na rúa a memoria obreira do 10 de marzo

    CCOO do Hábitat de Galicia reivindica na rúa a memoria obreira do 10 de marzo

    Un ano máis, e xa van cincuenta e tres, a clase traballadora galega volveu encher as rúas de Ferrol para non esquecer de onde vimos. Nun ambiente de reivindicación e memoria, Comisións Obreiras do Hábitat de Galicia quixo ter un papel destacado na conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, lembrando aquel 10 de marzo de 1972 cando a policía franquista asasinou a Amador Rey e Daniel Néboa nos estaleiros de Bazán.

    Detrás da pancarta que rezaba “As mulleres de CCOO movémonos”, a secretaria xeral do sindicato, Alejandra Gesto Montes, xunto a outras compañeiras de CCOO, puxeron rostro á loita feminista dentro do movemento obreiro.

    Unida por centos de persoas, Xesto Montes reivindicou o sacrificio daqueles traballadores que loitaron polo convenio e contra a ditadura, lembrando que os dereitos laborais actuais son froito da súa valentía. A mobilización serviu para subliñar que, aínda que o contexto sexa outro, a defensa da dignidade no traballo segue sendo unha tarefa pendente e colectiva.