CCOO del Hábitat | 7 junio 2026.

CCOO do Hábitat de Galicia denuncia como accidente laboral o falecemento dun traballador en Mos

    O sindicato lembra que, por lei, calquera morte no posto de traballo durante a xornada laboral presúmese accidente laboral, mesmo se a causa é unha doenza previa

    09/03/2026.
    CCOO do Hábitat de Galicia denuncia como accidente laboral o falecemento dun traballador en Mos

    CCOO do Hábitat de Galicia denuncia como accidente laboral o falecemento dun traballador en Mos

    Ante o falecemento dun traballador no municipio de Mos, CCOO do Hábitat de Galicia quixo saír ao paso das informacións publicadas nas últimas horas para realizar unha aclaración xurídica fundamental. A organización sindical subliña que, con independencia de que a investigación determine se o traballador faleceu por mor dunha patoloxía previa ou como consecuencia dunha caída, o principio xeral que recolle a lexislación é claro: cando unha lesión ou morte prodúcese no lugar de traballo e durante o desempeño da actividade laboral, debe presumirse como accidente de traballo.

    A normativa en materia de Seguridade Social establece que toda lesión ou falecemento ocorrido no posto de traballo e dentro da xornada laboral considérase accidente laboral mentres non se demostre o contrario. Isto significa que, mesmo no caso de que o traballador sufrise unha doenza previa de carácter natural —como un infarto—, se o episodio ten lugar mentres a persoa está a traballar, a finalidade da norma é que se cualifique como accidente de traballo.

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia inciden en que o feito de que se estea investigando se a morte foi provocada por unha patoloxía previa ou por unha caída non altera en absoluto o principio xeral de protección que recolle a lei. O relevante, a efectos legais e de garantía dos dereitos do traballador e a súa familia, é que o suceso se produciu no contexto laboral. A presunción de accidente de traballo mantense firme mentres non se demostre o contrario, un matiz que o sindicato considera esencial para evitar interpretacións que poidan debilitar a protección das persoas traballadoras.