CCOO del Hábitat | 25 abril 2024.

Asinado o calendario de Rematantes e Serradoiros de Madeira da Coruña

    CCOO do Hábitat de Galicia asina o calendario laboral do Sector de Serradoiros e Rematantes da Provincia da Coruña para o 2023

    09/11/2022.
    Asinado o calendario de Rematantes e Serradoiros de Madeira da Coruña

    Asinado o calendario de Rematantes e Serradoiros de Madeira da Coruña

    O pasado venres, día 4 de novembro, CCOO do Hábitat de Galicia asinou o Calendario Laboral do sector de Industrias de Rematantes e Serradoiros de Madeira da Provincia da Coruña.

    Un ano máis, CCOO do Hábitat de Galicia volve garantir o cumprimento da Xornada máxima de Traballo de Mil setecentas cincuenta e dúas horas (1.752h), tal e como recolle o artigo 46 do vixente IV Convenio do Sector da Madeira Estatal.

    As partes da Comisión Negociadora acordaron fixar no Calendario Laboral un total de 5 días de Festivos de Convenio para dar cumprimento ao límite de 1.752 horas efectivas de traballo, días que serán os seguintes: 21 de febreiro, 24 de xullo, 14 de agosto, 13 de outubro e 7 de decembro.

    Así mesmo, tamén se acorda que si algún día sinalado como festividade local coincide cun festivo de convenio ou sábado, establecerase a súa substitución como día festivo polo día laborable inmediatamente anterior ou, no seu caso, posterior.