CCOO del Hábitat | 28 marzo 2024.

Gran seguimento da folga de Carpintería e Ebanistería na Coruña

    CCOO do Hábitat de Galicia destaca o seguimento case total da folga nas principais empresas de Carpintería e Ebanistería da provincia da Coruña

    30/06/2022.
    Gran seguimento da folga de Carpintería e Ebanistería na Coruña

    Gran seguimento da folga de Carpintería e Ebanistería na Coruña

    Segundo o sindicato, «o persoal asumiu que fai falta mobilizarse polo custo da vida e a non revalorización dos salarios», por iso é polo que a resposta fose «masiva, cos traballadores organizándose para facer desta xornada de paro un éxito».

    Desde CCOO do Hábitat de Galicia critícase a «falta de interese» da parte patronal para dar unha solución ás «xustas reivindicacións» do persoal, que reclama unha cláusula de revisión para garantir o poder adquisitivo dos salarios. «Non se entende a actitude, cando estas empresas están en máximos de carga de traballo e, por tanto, de beneficios».

    Facía corenta anos que o sector non ía á folga e agora ten convocadas catro xornadas de paros. A primeira foi o día 29 de xuño e as próximas serán os días 13, 27 e 28 de xullo.