CCOO del Hábitat | 24 abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia, UXT e CIG convocan catro xornadas de folga na carpintería da Coruña

    CCOO do Hábitat de Galicia, UXT e CIG anunciaron hoxe catro xornadas de folga en defensa dunhas condicións laborais xustas no convenio da Carpintería da Coruña, os días 29 de xuño e 13, 27 e 28 de xullo

    16/06/2022.
    CCOO do Hábitat de Galicia, UXT e CIG convocan catro xornadas de folga na carpintería da Coruña

    CCOO do Hábitat de Galicia, UXT e CIG convocan catro xornadas de folga na carpintería da Coruña

    As empresas do sector levan dous meses sen intención de retomar as negociacións. Isto, a pesar de que xa houbo varias xornadas de mobilización con concentracións diante das principais empresas e clientes do sector ( Malasa, Ramón García, Cándido Hermida, Cociñas Santos e Inditex).

    Nesta tesitura, os sindicatos da mesa negociadora dan un paso máis coa convocatoria dunha folga á que están chamados case 5.300 traballadores e traballadoras, un escenario que non se producía no sector provincial da carpintería e ebanistería no últimos vinte anos.

    Convenio caducado

    Os sindicatos lembran que o convenio finalizou a súa vixencia no ano 2019, tres anos de conxelación salarial en que as traballadoras e os traballadores perderon poder adquisitivo cun IPC descontrolado (o último dato é do 8,7%) e cos principais bens de consumo encarecéndose día a día.

    As únicas “liñas vermellas” de CCOO do Hábitat de Galicia, UXT e CIG son a garantía do poder adquisitivo, “porque non se vai a permitir a desvalorización dos salarios”, e o rexeitamento ao plus de quendas, “porque o que precisan as empresas é contratar máis persoal, porque non poden asumir a carga de traballo actual”.