CCOO del Hábitat | 24 abril 2024.

Cuarta concentración de traballadores e traballadoras da Carpintería e Ebanistería da Coruña

    CCOO do Hábitat de Galicia irá a Folga no caso de que a Patronal siga co bloqueo da negociación

    10/06/2022.
    Cuarta concentración de traballadores e traballadoras da Carpintería e Ebanistería da Coruña

    Cuarta concentración de traballadores e traballadoras da Carpintería e Ebanistería da Coruña

    Este mércores 08 de xuño, en Narón, continuaron as mobilizacións de traballadores e traballadoras do sector ante a Empresa Cándido Hermida para protestar polo bloqueo da negociación do Convenio Provincial.

    Con esta, son catros as concentracións celebradas diante das principais empresas do sector para reivindicar o desbloqueo da negociación do novo Convenio de Carpintería da Coruña, ante unha Patronal enrocada en non manter o poder adquisitivo, nin aplicar subidas salariais dignas.

    Este comportamento por parte da Patronal, e tras a reunión celebrada esta semana entre as tres Centrais Sindicais que conformamos a Mesa Negociadora, comezouse a planificar a convocatoria de folga no sector para iniciala en leste mesmo mes de xuño.

    Nos próximos días, e antes da última xornada de concentracións diante da empresa “Santos Cociña e Baño, S.L.”, CCOO do Hábitat de Galicia e as demais Centrais Sindicais que conforman a mesa de negociación convocarán unha rolda de prensa para informar do calendario de folga no sector de Carpintería da Coruña motivada polo continuo bloqueo Patronal na mesa negociadora e para poder garantir o poder adquisitivo de traballadores e traballadoras coa negociación dun convenio digno para o sector.

    Enlaces relacionados
    Enlaces relacionados