CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

CCOO do Hábitat emprenderá mobilizacións na Planta de Tratamento de Residuos de FCC da Mancomunidade Serra do Barbanza

    O Persoal decide en Asemblea emprender mobilizacións ante o abandono das Administracións polo futuro da planta e o mantemento dos postos de traballo

    26/05/2022.
    CCOO do Hábitat emprenderá mobilizacións na Planta de Tratamento de Residuos de FCC da Mancomunidade Serra do Barbanza

    CCOO do Hábitat emprenderá mobilizacións na Planta de Tratamento de Residuos de FCC da Mancomunidade Serra do Barbanza

    O Persoal de FCC Lousame acorda en Asemblea novas mobilizacións #ante o abandono e inatención das diferentes Administracións, coa viabilidade da planta e o mantemento dos postos de traballo. Durante a próxima semana, o Comité convocará aos medios para informar das diferentes mobilizacións que levarán a cabo.

    A pesar de levar case un ano denunciado publicamente o deixamento e despreocupación da Mancomunidade da Serra do Barbanza, durante as últimas semanas materializouse o peor dos presaxios polos que tanto FCC como a Mancomunidade Serra do Barbanza están decididas a buscar a viabilidade da planta sobre a precarización das condicións laborais do persoal, renunciando elaborar un proxecto que abarque a posibilidade de buscar financiamento a través dos fondos Europeos next generation, que teñen prazo de execución para o próximo ano, para o que só require vontade política e a elaboración dun proxecto acorde cos parámetros requiridos.

    Este desencanto entre o Persoal e os Concellos que conforman a Mancomunidade de Sierra do Barbanza, converteuse no detonante do novo calendario de mobilizacións que será presentado #ante os medios polo Comité durante a próxima semana.